Levan ao Parlamento a desatención da Xunta ao acollemento en familia extensa

Levan ao Parlamento a desatención da Xunta ao acollemento en familia extensa

03/05/2016

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, anunciou hoxe que levará á Cámara autonómica as demandas da Asociación Galega de Acollemento de Familia Extensa do Menor –Agafem-. Así o dixo nun encontro coa presidenta desta organización, María José Alonso Abalde, hoxe no Grupo Socialista.

Sinalou que esta modalidade, que actualmente supón o 45 por cento do total dos acollementos, atópase con que a metade destas familias carecen de dereito á remuneración de 240 euros por menor en base a unha “decisión administrativa”. Ademais, gran número destas familias ven cómo “por cobrar a Pensión non Contributiva ou a Risga teñen que renunciar á remuneración do menor, ao non poder percibir dúas pensións oficiais”.

Gallego denunciou o “desamparo administrativo” destas familias, que teñen que afrontar diferenzas de criterios subxectivas por parte dos técnicos de menores .