Estatística de protección de menores 2013

24th Oct 2015

A Consellería de Traballo e Benestar, de acordo co artigo 1 do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a súa estrutura orgánica, asume, entre outras, as competencias en materia de servizos sociais, incluídas as áreas de familia, menores e benestar social. En concreto, a través da Dirección Xeral de Familia e Inclusión, leva a cabo as funcións de planificación, xestión, coordinación, seguimento, avaliación e control dos programas, servizos e centros relativos á protección da familia, á atención dos/as menores en situación de risco ou desamparo, en aplicación do previsto na Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia. O órgano responsable da xestión destas materias é a Subdirección Xeral de Familia e Menores, así como as xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Unha síntese cuantitativa anual da progresión e resultados no desenvolvemento destas competencias é a estatística de protección de menores, que recolle os datos principais referidos aos expedientes de menores que están baixo a acción protectora da Xunta de Galicia que poden resultar de interese. Os datos refírense a tutelas, gardas, acollemento familiar e residencial, adopción nacional e internacional, menores estranxeiros non acompañados e varios programas destacados de atención a familias e a menores en situación de risco ou desamparo. A edición deste ano, cos datos correspondentes a 2013 responde á estrutura e contido descritos na operación estatística 25201 do Instituto Galego de Estatística.

LEER MAS

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *