PORTAVOZ DE POLITICA SOCIAL DEL PSOE

28th Jun 2016

portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe ao goberno galego de primar a institucións como Cruz Vermella ou Aldeas Infantís e priorizar o ingreso de menores en centros residenciais mentres marxina ás familias de acollida. Así o dixo no debate dunha pregunta na Comisión de Política Social na que criticou que a Xunta priorice a “institucionalización” de menores en detrimento do acollemento familiar.

Gallego explicou que o acollemento de menores en familia extensa corresponde ao 45 por cento do total dos diferentes tipos de acollemento, cando “consideramos que estes nenos deben estar en ambientes familiares, estables”. Sinalou que a estadía dos menores nos centros de acollida “debera de ser do menor tempo posible, rexeitamos que a institucionalización sexa unha solución”, en contra da política do goberno galego.

A deputada socialista sinalou que mentres a Xunta financia ás institucións acolledoras e prioriza aos centros residenciais, as listas de espera para o acollemento dos nenos en familias rolda os cinco e seis anos.

Alertou de que as familias de acollemento atopan moitas dificultades por cuestións meramente administrativas, e sinalou os casos de beneficiarios de pensión non contributiva ou a Renda de Integración Social –Risga- que teñen que renunciar á axuda dos 240 euros por acollemento para non perder a prestación.

Advertiu ademais que “as contías percibida por menor acollido dende o ano 2008 mantéñense conxeladas”, e mesmo dende o ano 2010 as familias que perciben máis de seiscentos euros non teñen tampouco dereito á prestación da axuda.

Maior custe

Gallego dixo que a Administración Pública ten que asumir un custe de 1.300 a 1.800 euros ao mes por cada menor nestas institucións mentres hai familias, tanto extensas como alleas, que continúan esperando polo acollemento dos menores e que suporían un custe de 240 euros por menor. Explicou que o custe para a Administración é oito veces superior ao dunha familia, “sendo ademais estas consecuencias para o neno desastrosas”.

A directora xeral recoñeceu a conxelación das axudas ás familias en 240 euros dende 2008 e que existe unha circular dende o ano 2010 que aconsella non outorgarlle as axudas por menor a familias con renda superior a 600 euros ao mes.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *