PROYECTO Y ESTUDIO DEL ACOGIMIENTO 2015-16

26th Dic 2015

 

 

Santiago, 25 de novembro de 2015.- A Xunta de Galicia reforzará o vindeiro ano 2016 a atención de persoas menores en situación de desprotección, en execución de medidas xudiciais ou de internamento; destinando máis recursos a intervencións dirixidas a previr e a protexer situacións de maltrato ou desprotección, como o Programa de Intervención Familiar. Así o sinalou hoxe o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, durante unha comparecencia en sede parlamentaria na que abordou a atención aos menores afectados por medidas xudiciais ou en situación de risco de desprotección. Na actualidade 3.760 menores de idade teñen en Galicia expediente de protección, dos que 1.464 están baixo a tutela pública e 405 están executando algunha medida xudicial. Rey Varela explicou que para o Goberno galego “é unha prioridade realizar unha atención integral a toda a infancia e, de xeito particular, aos menores que sofren unha situación de desprotección ou conflito social”. Ao respecto, o conselleiro referiuse á rede de centros para o acollemento residencial de aqueles menores que, por distintas circunstancias sociofamiliares, necesitan ser separados temporalmente do seu núcleo familiar e para os que non é viable a utilización doutro recurso. A Consellería conta con 4 centros xestionados con medios propios –Concepción Arenal na Coruña; Monteledo e Montefiz en Ourense; e Avelino Montero en Pontevedra- e outros 70 cuxa xestión está concertada con entidades de iniciativa social, que suman un total de 1.185 prazas. Na súa intervención, Rey Varela deu conta dalgunha das iniciativas dirixidas aos nenos, nenas e adolescentes en situación de conflito social, risco ou desamparo que ten en marcha a Consellería de Política Social e que se reforzarán en 2016. Un deles é o Programa de Intervención Familiar (PIF), que atende anualmente a 200 familias e 365 menores, e cuxa partida nos orzamentos de 2016 aumenta nun 10% con respecto a este ano ata chegar aos 418.000 euros. O PIF, mediante unha intervención educativa, familiar, terapéutica e asistencial nos núcleos familiares, ten un dobre obxectivo: acadar a integración familiar de menores que foron separados das súas familias por atoparse en situación de desprotección e evitar a separación familiar e o previsible internamento dos menores que ofrecen evidentes indicadores de risco de desprotección. Así mesmo, se reforza o programa de avaliación e tratamento terapéutico incrementando a súa contía a máis de 137.000 euros –fronte os 120.000 euros que se destinaron entre os anos 2012 e 2014- para atender 165 casos. Programas socioeducativos, laborais e de apoio terapéutico O conselleiro tamén salientou os 321 menores que se benefician dos programas socioeducativos da Consellería, que teñen un custe de 161.000 euros anuais e fixo especial fincapé no programa Mentor. Este último está centrado en catro liñas de actuación dirixidas a menores entre 16 e 21 anos: formación, inclusión social, educación e desenvolvemento persoal. O investimento neste programa, considerada boa práctica en Europa e que se cofinancia con Fondos Sociais Europeos (FSE), é de 1,7 millóns de euros ao ano. No ano 2015 beneficiáronse del 486 mozos e mozas, dos que 149 asinaron contratos laborais. Outro dos recursos para os menores en risco de desprotección son os Puntos de Encontro Familiar (PEF), que teñen por obxecto favorecer as relacións entre estes e as súas familias cando nunha situación de separación, divorcio ou noutros supostos de interrupción da convivencia familiar, o exercicio de dereito de visitas se ve interrompido ou resulta difícil ou conflitivo o seu cumprimento. En 2014 a rede dos sete PEF (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense) atendeu a un total de 992 casos, realizando 27.553 intercambios, 3.034 visitas tuteladas e 4.446 visitas supervisadas. Do total dos 992 expedientes, 286 son por violencia de xénero. Liña telefónica gratuíta de atención á infancia Na comparecencia desta tarde no Parlamento de Galicia o responsable do departamento de Política Social tamén deu conta dos programas da Xunta de Galicia dirixidos á prevención e protección fronte ao maltrato infantil. Cada ano ábrense nos servizos especializados de protección de menores en Galicia máis de 1.000 expedientes por desprotección infantil, dos cales os motivados por sospeitas de maltrato físico son un pequeno porcentaxe sobre o total, aproximadamente o 8%. Así, entre os recursos de detección dos posibles casos de desprotección Rey Varela sinalou os equipos técnicos do menor (ETM), a liña telefónica de axuda á infancia 116 111 –qué é gratuíta, funciona todo o ano as 24 horas do día e durante o ano pasado atendeu 1.275 chamadas- e o Rexistro Unificado de Maltrato Infantil (RUMI) –dispositivo de notificación a disposición de profesionais do ámbito educativo e policial ao que se accede a través dunha páxina web para denunciar sospeitas de malos tratos e que en 2014 recibiu 15 notificacións- Acollemento e adopcións Por outra banda, Rey Varela informou sobre medidas de acollemento, detallando que ao longo deste ano un total de 1.022 menores estiveron acollidos. Deles o 87% -un total de 891 nenos e nenas- conviviron coas súas familias extensas (avós, tíos, irmáns…) e o 13% restante foron acollidos por familias alleas (cando non existe parentesco). O custe deste programa ten dous compoñentes: por unha banda, a remuneración directa ás familias acolledoras –estimada en 3 millóns de euros-; por outra, a captación, selección, formación e apoio ás familias alleas. A este último aspecto, a Consellería destinará 330.000 euros en 2016, o que supón un 10% máis que este ano 2015. A esta cantidade hai que engadir outros 151.000 euros que o departamento de Política Social investirá en formación e apoio ao acollemento en familia extensa. Por último, e no que atinxe aos datos de adopción, en 2014 constituíronse un total de 33 adopcións nacionais e 72 internacionais. Así mesmo, no primeiro semestre deste ano formalizáronse 29 adopcións nacionais e 44 internacionais.

One comment on “PROYECTO Y ESTUDIO DEL ACOGIMIENTO 2015-16

  1. maria jose on said:

    En el presupuesto donde se indica que tres millones de euros se destinan para los acogimientos de familia extensa, supongo que incluirán los sueldos de los funcionarios, porque no me salen las cuentas…si solo se remunera a menos del 50% de las familias acogedoras, y llevan desde el 2008 con los 240€ sin ningún tipo de subida ¿Cómo es posible que sumen tres millones de euros?. Me salen 12.500 niños remunerados en familia extensa…!!genial!! el que hizo las cuentas debió de estudiar con la ley Vert…

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *