reunion con o coselleiro de política social

12th Nov 2015

Rey Varela ratifica o compromiso “solidario e afectivo” da Xunta cos menores e destaca o acollemento familiar como “a mellor figura para a súa protección”

Di que cómpre “dar visibilidade á figura do acollemento familiar para que se lle dea o valor que realmente ten”

Galicia foi pioneira ao redactar a Lei de Apoio á familia e a convivencia de Galicia do ano 2011 na que se regula a conveniencia de que os menores vivan cunha familia

 Santiago, 9 de novembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, recibiu hoxe no seu despacho de San Caetano aos responsables da Asociación Galega de Acollemento de Familia Extensa do Menor (AGAFEM) onde ratificou o compromiso “solidario e afectivo” da Xunta de Galicia cos menores acollidos. Nesta liña, o conselleiro valorou o acollemento familiar como “a mellor figura para a protección dos menores que a precisan”.
Tras expresar a súa “admiración e agradecemento” á tarefa levada a cabo por AGAFEM, o titular da carteira social asegurou que cómpre “dar visibilidade á figura do acollemento familiar para que se lle dea o valor que realmente ten”. Un recurso que, dixo o conselleiro, “temos que conseguir que siga crecendo”. “Gustaríanos poder contar cada vez con máis familias que desexen acoller aos menores que se atopan en centros residenciais”, abundou.
Respecto ao acollemento familiar, Galicia foi pioneira ao redactar a Lei de Apoio á familia e a convivencia de Galicia do ano 2011. Un texto lexislativo no que se regulou a conveniencia de que os menores viviran cunha familia. Neste intre, Galicia está a adaptar a normativa autonómica a Lei estatal de Protección á infancia e adolescencia.
lee mas

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *